O Consello da Xerencia debaterá o luns o prego de condicións para a contratación dos traballos de redacción do PXOU
O alcalde convocará un Consello Extraordinario da Xerencia de Urbanismo para o luns, día 23, co obxectivo de someter a aprobación o prego de condicións para a contratación dos traballos de redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo. O prego conta xa co visto e prace do Consello Sectorial de Urbanismo.
Os traballos de redacción do PXOU custarán 200 millóns de pesetas, que serán financiados a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia. Para iso asinarase un convenio que establecerá as aportacións que realizará cada quen durante tres anos.