Escoitar

Nova imaxe corporativa da Concellería de Participación Cidadá

martes, 17 abr 2001
imx123.jpg
A Concellería de Participación Cidadá conta cunha nova imaxe corporativa propia deseñada no seu afán de contactar de forma directa cos cidadáns.

Cun carácter moderno, cálido e divertido, o logotipo trata de convidar a xente a participar na vida da cidade e na Administración local. Trátase de que os cidadáns se vexan representados nel, xa que son os protagonistas desta imaxe marca, amparados polo Concello de Vigo, baixo a Concellería de Participación Cidadá, como paraugas institucional que aúna os seus intereses.

Trazos áxiles que se converten en grafismos representan a Casa do Concello de Vigo e, ó seu redor, persoas unidas pola man, forman un sorriso. Estas figuras de distintas cores reflicten a diversidade cidadá de Vigo e os seus intereses individuais e colectivos. Ó tempo son como pezas dun xogo que se engrana gracias ó labor da Concellería de Participación Cidadá e do movemento asociativo.

Como peche do logotipo inclúese o eslogan ”Achegando Solucións”, acuñado por Participación Cidadá, que comunica exactamente cál é a misión desta concellería.
Descargar todas as imaxes