Participación Cidadá estudiará as necesidades formativas das organizacións non lucrativas
A Concellería de Participación Cidadá pon en marcha un ”Estudio de necesidades formativas” das organizacións non lucrativas da cidade co obxectivo de mellorar a súa xestión e eficacia e de axilizar os canles de comunicación coa Administración local.
Participación Cidadá pretende, logo de coñecer as carencias e necesidades formativas das organizacións, presentar un programa de formación a medida que permita traballar con maior seguridade e acerto.
O programa de formación que xurda deste estudio prospectivo dirixirase, novamente, ós directivos, voluntarios e colaboradores directos das organizacións non lucrativas da cidade, na procura de dotalos dos instrumentos necesarios, así como dos mecanismos de reciclaxe e actualización precisos, para avanzar no perfeccionamento da organización e da calidade dos seus servicios. Quérese ofrecer unha formación útil para calquera tipo de asociación, independentemente da súa actividade.
Nunha primeira fase recolleranse datos a través dun cuestionario que se lle achegará ós colectivos. Un equipo técnico contactará coas asociacións, segundo os requisitos da mostra poboacional, co fin de completar os datos do estudio. Os resultados serán tratados estatísticamente, polo que se asegura o anonimato e confidencialidade.