A Concellería de Montes, Parques e Xardíns presenta un ”Manual básico de compostaxe”
O ”Manual básico de compostaxe” servirá para a introducción dos interesados na técnica de elaboración de abono a partir de residuos orgánicos restaurando o ciclo da natureza.
Dos residuos sólidos urbanos xerados na cidade, o 52% están constituídos por restos de comida e vexetais. Esta cantidade viuse aumentada, nos últimos anos, debido ós residuos orixinados co incremento de zonas verdes, como restos de podas ou herbas, que acaban habitualmente depositados nos colectores de lixo.
Esta guía permitirá, dun xeito sinxelo e viable, a reducción dunha parte do lixo e maila súa reutilización para abonar a terra. A compostaxe é unha técnica de doada aplicación que permite a obtención dun fertilizante, de xeito racional, económico e seguro, aproveitando os nutrientes presentes nos residuos orgánicos.
Coa utilización do compost mellóranse, de forma notoria, as propiedades químicas e bioquímicas dos solos debido ó aporte de gran cantidade de nutrientes. Aumenta a retención de auga dos solos nos que se aplica, prodúcese un aforro económico en abonos químicos e revalorízanse os residuos orgánicos como sistema de reciclaxe.
O concelleiro de Montes, Parques e Xardíns, Henrique Viéitez, sinalou que esta experiencia se aplicou para a obtención de abono orgánico a partir da trituración de residuos vexetais de podas, mesturados con cunchas de bivalvos, e os resultados obtidos foron satisfactorios.
A elaboración desta guía, na que colaboraron Agrovigo e a Aula de Natureza Esquío, está enmarcada nunha campaña de educación ambiental emprendida entre as concellerías de Educación e de Montes, Parques e Xardíns.
Descargar todas as imaxes