Escoitar

Comezaron as obras de mellora do barrio de Espiñeiro

venres, 20 abr 2001
Esta semana principiaron os traballos de mellora do barrio de Espiñeiro, en Teis, onde o Concello vai investir máis de 32 millóns de pesetas. O proxecto, xestionado pola Concellería de Infraestructuras, conta coa colaboración económica do Instituto Galego da Vivenda e o Solo.

As obras consistirán na renovación integral da rede de saneamento, na reparación do sistema de abastecemento de auga e no soterramento das canalizacións eléctricas. Tamén se procederá á reposición dos pavimentos, beirarrúas e o alumeado público.

Con estes traballos, demandados hai tempo polos veciños do barrio, solucionaranse problemas de asolagamento nas rúas, e de filtracións e humidades nos edificios.