Escoitar

Espectáculo teatral sobre a "Xeración Nós" no Verbum

O Verbum acolle os días 29,30 de novembro e 10 de decembro o programa educativo e cultural "NOS" no que se afonda no coñecemento da Xeración Nós por medio dun espectáculo teatral de produción propia do museo.

martes, 29 nov 2011
1322571520nos.jpg
Nós é un espectáculo teatral de produción propia do Verbum no que, por medio de dous actores e unha actriz, coñeceremos ós membros que constituíron a Xeración Nós (Castelao, Risco, Otero Pedraio, Cuevillas) e a musa que os inspira. Cunha escena minimalista e actual o espectáculo pretende dar a coñecer aos asistentes a un grupo de renovadores da prosa galega e creadores do ideal de que o galego é válido para calquera uso, un grupo pioneiro de pensamento e creación literaria. A estrutura dramática entre os dous actores vai dando información sobre os membros do grupo ao mesmo tempo que lle imprime á obra un ritmo moi dinámico. A obra é unha viaxe que nos leva pola realidade e o momento histórico que a esta xeración lles tocou vivir, sen perder de vista facelo utilizando unha presentación atractiva e didáctica pero sempre amena e divertida.

Os pases para escolares terán lugar os días 29 e 30 de novembro ás 10 e ás 12 horas. As sesión de público familiar terá lugar o sábado 10 de decembro ás 12 e ás 18 horas.

O obxectivo desta actividade é afondar no coñecemento da Xeración Nós dunha forma amena e didáctica; fomentar o debate sobre a creación literaria en Galicia e os seus autores, así como dar as claves para achegarse mellor a esta xeración fundamental para entender a Galicia de hoxe.
Descargar todas as imaxes

Máis información