Escoitar

PSOE e BNG instan á Xunta a rectificar os recortes de finanzamento no Plan Concertado

Os votos de socialistas e nacionalistas deron luz verde a sendas mocións que coincidiron hoxe luns ao reclamarlle á Xunta de Galicia a rectificar, a través das medidas urxentes necesarias, os recortes implantados polo Goberno galego no Plan concertado e garantir, a lo menos, a cobertura orzamentaria de 2009.

luns, 28 nov 2011
PSOE e BNG uniron este luns os seus votos para instar á Xunta de Galicia a rectificar os recortes de finanzamento no Plan Concertado. Logo de debater conxuntamente as mocións de sendos grupos, que coincidían na súa resolución, socialistas e nacionalistas esixiron medidas urxentes para garantir, alomenos, a cobertura orzamentaria de 2009, así como o compromiso da Xunta para manter os programas, actuacións e servizos dependentes do Plan que existían no ano 2009.

Na sesión plenaria desta mañá, aprobouse tamén cos votos a favor de PSOE e BNG unha moción defendida polo concelleiro socialista Cayetano Rodríguez, na que se insta á Consellería de Sanidade a proceder con carácter inmediato á posta en servizo do Centro de Saúde de Navia de acordo con programa funcional e os recursos previstos no proxecto.

Por outra banda, a Corporación municipal acordou hoxe demandar á Deputación de Pontevedra que abone os 450.000 euros, correspondentes ás anualidades de 2009, 2010 e 2011, que endebeda ao Museo de Arte Contemporáneo Marco. Socialistas e nacionalistas apoiaron un texto no que recordan que o organismo provincial tamén debe a súas cotas a FAIMEVI e PROVIGO.