A Corporación acorda por unanimidade elaborar un plan director para as zonas verdes da cidade
Os tres grupos políticos aprobaron no Pleno deste luns a moción popular de elaborar un plan director para a conservación dos parques, espazos libres e zonas verdes da cidade. O Pleno tamén acordou habilitar un sistema identificador dos vehículos de asistencia a domicilio e dos profesionais sanitarios e aprobar o regulamento de Participación Cidadá e medidas de apoio ás asociacións veciñais.
A Corporación municipal de Vigo aprobou hoxe luns por unanimidade a elaboración dun plan director de melloras para a xestión e conservación dos parques, espazos libres e zonas verdes da cidade. A moción, presentada polo grupo popular, foi respaldada polos restantes partidos políticos.
Por outra banda, sendas mocións presentadas polos populares e nacionalistas foron aprobadas -co apoio de ambos grupos e a abtención socialista- relativas ao movemento veciñal e á aprobación do regulamento de Participación Cidadá. Os textos instan ao goberno local a asinar un convenio coa FAVEC e este recorda que este ano abonou 96.000 euros á devandita entidade.
Un terceiro acordo, tamén presentado polo PP e validado coa unanimidade dos grupos políticos, demanda do Concello habilitar mecanismos identificativos dos vehículos de atención a domicilio dos hospitais e dos profesionais sanitarios para que poidan estacionar, no exercizo da súa función, naquelas áreas reservadas sempre que non alteren a circulación, como as de discapacitados ou carga e descarga.