Presentación do libro "Hacia una nueva política sexual: las mujeres ante la reacción patriarcal de Rosa Cobo
O martes, 29 de novembro ás 19.00 horas, o Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle a presentación do libro "Hacia una nueva política sexual: las mujeres ante la reacción patriarcal" por parte da autora do libro, Rosa Cobo e da escritora Mª Xosé Queizán
Neste libro, Rosa Cobo explica algúns procesos que alimentan a actual reacción patriarcal contra as mulleres. O novo capitalismo neoliberal, as servidumes provocadas pola reinvención dalgunas tradicións "culturais" e a violencia sexual son os piares fundamentais sobre os que se asenta este intenso rearme ideolóxico masculino. A conquista de dereitos e as loitas de moitas mulleres de distintas rexións do planeta, dun lado, e a influencia das ideoloxías da igualdade de xénero e dos dereitos humanos, doutro, puxeron en situación de alerta aos patriarcados contemporáneos. E estes sistemas de dominio reaccionaron con evidentes mostras de violencia, dende os feminicidios ata o tráfico de mulleres e nenas para a prostitución. Nunha época en plena transformación, o movemiento feminista debe reflexionar sobre o seu novo papel, identificar as novas estruturas de poder patriarcal que se están creando e producir estratexias para conceptualizar e desactivar eses novos núcleos de dominio masculino. Á vista de todo isto, é necesario aparcar momentaneamente as disputas intrafeministas e concentrarse na creación de solidariedades, vínculos e pactos políticos entre mulleres para neutralizar eses "novos bárbaros do patriarcado" e conquistar espazos de liberdade, autonomía e igualdade para as mulleres.
Rosa Cobo, Profesora de Socioloxía do Xénero da Universidade da Coruña, foi fundadora e primeira directora do Seminario Interdisciplinar de Estudos Feministas da mesma universidade entre os anos 2000-2003. Así mesmo dirixiu o máster sobre Xénero e Políticas de Igualdade da Universidade da Coruña dende o ano 2005 ata o 2008 e formou parte da "Unidad de Mujeres y Ciencia" (UMYC) do Ministerio de Educación e Ciencia 2006-2008. Recibiu o Premio Carmen de Burgos ao mellor artigo publicado en 1997. Imparte cursos e conferencias sobre xénero e feminismo en España e en América Latina.
Mª Xosé Queizán, escritora, catedrática de lingua e literatura galega e figura relevante no movemento feminista.