Escoitar

Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A última das proxeccións terań lugar o domingo 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

venres, 25 nov 2011
1322226211cineinfantil.jpg
LILO & STITCH

Ano: 2002
Duración: 83 minutos
Dirección e guión: Chris Sanders
e Dean Deblois
País: USA
Xénero: animación
Público: público infantil de todas as idades.

SINOPSE: " Lilo & Stitch " conta o encontro dunha nena cun extraterrestre dos máis buscados da galaxia. Lilo é unha nena hawaiana que se sente soa e decide adoptar un "can" moi feo ao que chama Stitch. Stitch sería a mascota perfecta se non fose na realidade un experimento xenético que escapou dun planeta alieníxena e que aterrou no planeta por casualidade. Co seu amor e a súa inquebrantable fe no "oha-na" (o concepto hawaiano de familia), Lilo acaba conquistando o corazón de Stitch e
ofrécelle algo que o orixinal "can" nunca pensou ter : un fogar.
Descargar todas as imaxes