Escoitar

Pleno da Corporación, sesión ordinaria

venres, 25 nov 2011
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 24

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día VINTEOITO de NOVEMBRO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores. Sesións 05 e 26.09.11 e dúas extr. 24.10.11.

1.1.- Escrito de renuncia á acta de concelleira de dona Elvira Larriba leira, pertencente ao grupo municipal do Partido Popular. Expte. 360/1101.

2.- Declaracións institucionais.

2.1.- Declaración institucional co gallo da celebración do día 25 de novembro, "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres". Expte. 350/1101.

3.- Ditames das comisións informativas:

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.1.- Crédito extraordinario núm. 89/2011, para execución de sentenza 176, do 15 de xullo de 2007, ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo núm. 1 dos de Vigo (PAIVA PARADA) e Auto do mesmo Xulgado do 18 de outubro de 2011. Expte. 1160/440.

3.2.- Incremento da contía global destinada a complemento de produtividade no orzamento vixente do organismo autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios. Expte. 348/1101.

4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instar á Xunta de Galicia adopte diversas medidas en relación cos recortes de financiamento sufridos no Plan Concertado Expte.357/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Goberno Galego a rectificar os recortes efectuados no Plan Concertado. Expte. 355/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Consellería de Sanidade a posta en marcha inmediata do centro de saúde de Navia. Expte. 354/1101.

5.4.- Moción do Grupo municipal Socialista demandando á Deputación de Pontevedra o aboamento de 450.000 € que lle debe ao MARCO. Expte. 356/1101

6.- Asuntos urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 10.11.11 de nomeamento de vocais veciñais nos organismos autónomos.

1.4.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 14.11.11 de corrección de anterior resolución de data 30.09.11 de delegación de funcións no concelleiro delegado da Área de Fomento.

2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo Popular instando ao Goberno Municipal a elaboración dun plan director para conservación dos parques, espazos libres e zonas verdes da cidade. Expte. 329/1101.

4.2.- Moción do Grupo Popular instando a aprobación do regulamento do Participación Cidadá e outras medidas relativas ás asociacións veciñais. Expte. 351/1101.

4.3.- Moción do Grupo Popular solicitando a habilitación dun sistema identificador dos vehículos de HADO e do profesionais sanitarios. Expte. 352/1101.

4.a. Mocións urxentes

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTEOITO DE NOVEMBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 24 de novembro de 2011

O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.