O alcalde anuncia a concesión de 100.000 euros para que 72 alumnos da Escola de Idiomas estuden no estranxeiro
Tras a Xunta de Goberno Local celebrada este vernres, Abel Caballero informou da aprobación da concesión de 72 bolsas de estudos para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, achegas cun investimento total de 100.000 euros polas que os beneficiarios poderán aprender inglés, francés, alemán, italiano ou portugués nos países de orixe. Tamén celebrada hoxe, a Xerencia de Urbanismo xestionou licenzas por importe de 1,2 millóns de euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da concesión de 100.000 euros para que 72 alumnos da Escola Oficial de Idiomas da cidade perfeccionen o seu nivel no estranxeiro.
Segundo explicou Caballero, os becados polo Concello estudarán "masiva e maioritariamente inglés", neste caso en Londres, pero tamén sufráganse estudos de francés en París, de alemán en Berlín, de italiano en Roma e de portugués en Lisboa. O alcalde apuntou que "estamos incorporando tamén dúas bolsas de chinés", co obxectivo final de que "Vigo estableza o seu programa de fortalecemento de idiomas".
Xerencia
O rexedor vigués informou das decisións adoptadas no Consello da Xerencia municipal de Urbanismo celebrada esta mañá, na que deuse conta da concesión de 10 licenzas que totalizan investimentos superiores ao medio millón de euros. En total, Urbanismo xestionou licenzas para obras, actividades e urbanización na reunión de hoxe por importe de 1,2 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes