Escoitar

O Concello colaborará coa Asociación de Viúvas Demócratas na celebración do seu III Congreso

O vindeiro sábado 26 de marzo, a Asociación abordará neste congreso os problemas, aportes, desafíos e camiños posibles desde os campos político, histórico, económico e sociocultural, así coma as posibilidades legais e económicas das que dispón este colectivo para mellorar a difícil situación que padecen.

xoves, 24 mar 2011
A partires das 09:30 horas o Auditorio do Centro Social de Novacaixagalicia acollerá o "III Congreso das mulleres viúvas demócratas de Vigo" co título "Presente e futuro das pensións de viudedade" no que se analizará a situación deste colectivo desde unha perspectiva ampla e integral.

A Asociación naceu co obxectivo de favorecer e defender os dereitos deste colectivo, procurar un mellor benestar, promover unha política social que achegue, cada vez máis, aos valores de solidariedade e igualdade aos que debe aspirar toda sociedade avanzada e democrática. "O noso fin é acadar mellor calidade de vida para este colectivo", asegurou a presidenta da Asociación Carmen Rodal.