Xabier Alonso destaca a alta participación no XII Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, con 250 preinscritos
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, participou este xoves na presentación do XII Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, integrada na VigoBikeContest, que se celebrará nos montes de Fragoselo de Coruxo o vindeiro fin de semana, 26 e 27 de marzo. O concelleiro nacionalista salientou o alto número de participantes cos que contará o descenso internacional, que se celebrará o domingo ás 12 horas, ao ter xa 250 preinscricións.
Xabier Alonso puxo en valor a calidade dos deportistas que se darán cita o vindeiro fin de semana "no marco incomparable" dos montes de Coruxo, entre os que figuran o campión galego Jorge Aguín. Segundo o concelleiro de Deportes, "ter en Vigo unha especialidade que conta cos mellores do mundo é extraordinario, polo que as administracións temos que volcarnos".
O nacionalista destacou o traballo que fai Guillermo Janeiro dende hai anos na organización da competición. Salientou a súa capacidade de atraer corredores de todo o mundo para participar no descenso. Pero tamén valorou positivamente seu esforzo á hora de introducir novidades, en referencia a segunda Pedalada Popular, que terá lugar o domingo ás 9 horas, e que conta con 150 deportistas preinscritos.
Guillermo Janeiro, ademais de agradecer ao Concello de Vigo e á Xunta a súa colaboración, apuntou que o campionato complétase con outra proba, o Cross Country, que é a modalidade olímpica do Mountain Bike e que terá lugar o sábado 26 de marzo ás 170 horas. Sinalou que ten tamén 150 preinscricións presentadas. O deportista Jorge Aguín, pola súa banda, asegurou que o percorrido "parece fácil a simple vista", pero que "ao querer ir rápido, resulta moi complicado".
Descargar todas as imaxes