Escoitar

Abel Caballero indica que, coas 28 novas motos, en maio estará renovada toda a flota de vehículos da Policía Local

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, presentaron este xoves as 28 novas motos para a Policía Local, cun investimento de 343.000 euros, que súmanse ás 12 adquiridas nos últimos anos. Caballero recordou que nun mes chegarán os novos coches, polo que estima para maio a renovación completa do parque mobil policial. O rexedor englobou estas medidas municipais na "vocación de modernizar e por en valor á Policía Local".

xoves, 24 mar 2011
1300974486polis.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe xoves as 28 novas motocicletas adquiridas para a Policía Local e avanzou que para maio completarase a renovación íntegra do parque móbil do corpo.

Apuntou o primeiro edil que a cidade precisaba renovar os vehículos polo seu "desgaste" e recordou que o goberno local xa renovara outras 12 motocicletas durante o actual mandato, sumando 40 motos en total. Cada moto terá dous únicos conductores para ser empregadas 16 horas ao día, estando "cubertas todas as necesidades operativas" da Policía Local en materia motociclista.

Das 28 novas adquisicións, Caballero explicou que 19 son para tráfico, 3 para escolta e outras 6 para as patrullas rurais e medioambientais. O investimento nestas últimas unidades ascendeu a 343.000 euros. Abel Caballero subliñou a "vocación de modernizar e poñer en valor a Policía Local" do goberno loca que preside.

O alcalde apuntou que "xa non temos aparcamento para os vehículos", entre os coches por chegar e motos adquiridas, e avanzou que haberá automóbiles da Policía estacionados de forma permanente na Praza do Rei, porque non hai espazo nas instalacións. Abel Caballero volver a reclamar á Xunta de Galicia a cesión do edificio coñecido como A Gota de Leite para sede da Xefatura da Policía Local, xa que leva dous anos sen actividade.

"Temos unha gran Policía Local da que estou orgullosísimo", enfatizou Caballero, quen, xunto coa Policía Nacional, "conseguen unha cidade segura". O socialista felicitou aos responsables da Policía Local e ao concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño.
Descargar todas as imaxes