Caballero eloxia a limpeza de Vigo e presenta 65 novos vehículos que completan a renovación da flota, con 10 millóns de euros
O alcalde presentou hoxe xoves 65 novos vehículos adquiridos para o servizo de limpeza, maquinaria que completa a renovación integral da flota levada a cabo polo Concello cun investimento final de 10,2 millóns de euros para un total de 89 vehículos. Abel Caballero felicitou ao persoal pois asegurou que "os cidadáns teñen unha boa opinión da limpeza de Vigo" e a cidade recibíu dous anos o máximo galardón estatal nesta área.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou hoxe xoves aos servizos municipais de limpeza na presentación dos 65 novos vehículos que integran a flota, e culminan coa renovación da maquinaria impulsada polo Concello.
Segundo explicou Caballero, a Concellería de Limpeza que dirixe a socialista Raquel Díaz adquiriu un total de 89 vehículos por valor de 10,2 millóns de euros, dentro do obxectivo municipal de dotar de "vehículos máis modernos" aos servizos do Concello xa que "a calidade é excepcional".
Este xoves o alcalde e a edil acudiron a Samil para presentar os novos 26 camións recolectores, 9 camións cisterna, dúas baldeadoras, 12 vehículos porter, dous furgóns e 14 vehículos de inspección, cun investimento nesta tanda de 7,8 millóns. A este acto precedéronlles outros dous en meses pasados para presentar os 24 novos vehículos que completan coa renovación integral.
Abel Caballero felicitou á concelleira e ao persoal que traballa neste servizo municipal e afirmou que "os cidadáns teñen unha boa opinión da limpeza de Vigo", percepción que ratifica que a cidade recibira neste mandato dúas Escobas de Platino, o máximo galardón estatal concedido pola limpeza das urbes.
Descargar todas as imaxes