Santi Domínguez anuncia que o sábado se inaugura o mercado tradicional que cada mes terá o Paseo de Alfonso
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe "Feira", o mercado de produtos tradicionais que se inaugurará o vindeiro sábado no Paseo de Alfonso e que terá unha periodicidade mensual. O nacionalista salientou que se trata dunha medida máis para revitalizar o Casco Histórico ao tempo que se pon en valor a tradición dos artesáns, que foron peza fundamental no desenvolvemento do barrio.
Santi Dominguez explicou que a recuperación do Casco Vello é unha tarefa que non só atinxe á rehabilitación. "Para reconquistar o barrio histórico é preciso facer que a cidadanía o convirta nun lugar de encontro e lecer", precisou. Dixo que este verán xa se comprobou que os vigueses e viguesas están reencontrándose co Casco Vello e "por iso nós queremos incentivar ese reencontro con novas iniciativas de dinamización".
"Feira", o novo mercado de produtos tradicionais galegos, organizado pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Patrimonio Histórico a través do Centro de Artesanía Tradicional, é segundo explicou o nacionalista unha máis das actividades que se están a desenvolver para recuperar o barrio histórico. Santi Domínguez explicou que iniciará a súa andaina no Paseo de Alfonso XII o sábado 11 de setembro entre as 10.30 e as 13.30 horas. Sen embargo, sinalou que esta data será unha excepción xa que a partir do mes seguinte celebrarase os primeiros domingos do mes.
O tenente de alcalde subliñou que "Feira ten o dobre obxectivo de poñer en valor a nosa artesanía e recuperar a vella tradición dos mercados do Casco Vello. Precisou que será un mercado ao aire libre de carácter mensual que pora á disposición da cidadanía produtos tradicionais galegos de calidade. "O mercado quere ser lugar de encontro nun espazo urbano que acaba de ser posto en valor, onde se poderán atopar os produtos artesanais e de aqueles que recollan receitas tradicionais ou as vellas fórmulas de produción agropecuaria en Galicia, que hoxe chamamos ecolóxicos", afirmou.
Santi Domínguez dixo que "queremos facer visible que o tradicional, o máis noso, tamén pode ser actual, e que indudablemente está cheo de calidade. Imos cos tempos e por iso ademais de facer uns stands de estética contemporánea cheos de cor nos que mostramos a artesanía tradicional dotada de novas utilidades, convidarase a artesáns e deseñadores actuais a participar en todas as edicións".
Na feira participarán nesta primeira edición 9 postos, que o tenente de alcalde agarda que se vaian incrementando. Haberá cesteiros, tecedores de lá e liño, torneiros e xoieiros, e haberá tamén produtos de horta e pan ecolóxicos, tamén de comercio xusto, mel ou conservas ecolóxicas. Paralelamente, no CAT realizarase un obradoiro infantil entre as 11:30 e as 13:30 no que o ilustrador Iván R e a deseñadora téxtil Belén Alonso comezarán un traballo comunitario para dar forma á futura mascota da FEIRA, que será confeccionada entre os participantes ao longo dos domingos nos que teña lugar este mercado tradicional. Para poder participar nos obradoiros é necesario apuntarse no stand da organización antes das 11:30 horas.
O concelleiro de Patrimonio Histórico explicou que esta iniciativa é unha oportunidade para que o Casco Vello xere espazos de traballo vinculados á artesanía "que xeren riqueza no barrio". A este respecto indicou que hai moitos baixos xa rehabilitados nos que se poden asentar artesáns.
Descargar todas as imaxes