Abel Caballero sinala que o Concello contará con "alo menos" 10 millóns de euros máis en 2011 "sen endebedamento adicional"
O alcalde informou que o Goberno de España atenderá "as tesis de Vigo" sobre o financiamento dos municipios e terá en conta o nivel de débeda de cada concello para o próximo ano. Vigo, a gran cidade menos endebedada de España en réxime común, poderá así renovar as súas amortizacións e sumará ao seu financiamento "alo menos" 10 millóns de euros "sen endebedamento adicional".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou hoxe mércores a súa satisfacción porque o Goberno de España vai atender "ás tesis de Vigo" sobre o financiamento local, e terá en conta o nivel de débeda de cada concello.
Abel Caballero, quen onte estivo reunido coa vicepresidenta segunda e ministra de Economía do Goberno de España, Elena Salgado, confirmou que nos orzamentos de 2011 dos municipios haberá un tratamento diferente para concellos como Vigo, o gran municipio menos endebedado de España en réxime común, e Madrid, que multiplica por vinte a débeda viguesa.
Segundo explicou, a normativa actual impide aos concellos renovar a amortización da súa débeda, no que en Vigo supón 10 millóns de euros. En lugar de ir destinados á reducción do endebedamento, esta cantidade poderá ser agregada ao financiamento local en 2011 sen incrementar os niveis de débeda do Concello.
Descargar todas as imaxes