Xabier Alonso di que Susana Rodríguez, campiona de paratrialon en Londres, é un exemplo para a sociedade
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, sostivo hoxe ante os medios de comunicación que deportistas como Susana Rodríguez, triatleta viguesa invidente, son "un exemplo" para a sociedade, e afirmou sentirse feliz "pola gran cantidade e calidade de grandes deportistas que esta cidade está a dar".
O nacionalista interesouse por como se desenvolven as probas coa guía, Alba Cuba, que tamén asistiu á cita na Concellería de Deportes, e preguntou como marcha a adaptación de Rodríguez Gacio a esta modalidade.
Susana Rodríguez é unha deportista invidente de 22 anos que ata novembro de 2008 competía en atletismo e que este ano se pasou ao paratriatlon. Na súa terceira proba, no Paratriatlon de Londres en xullo pasado, acadou o ouro en categoría TRI6 e agora aspira a maiores metas para o circuíto mundial do vindeiro ano.
Xabier Alonso entregou a deportista e guía un agasallo institucional, un libro sobre a cidade ("Vigo, a cidade das ondas") do xornalista Eduardo Rolland e o fotógrafo Javier Teniente. Segundo o político, "esta vitoria chega logo de moito adestramento, non é ningunha casualidade nin algo dun día para outro". O concelleiro lembrou a traxectoria de Susana Rodríguez no atletismo e manifestou o desexo de apoiar á triatleta do Club Fluvial Cidade de Lugo, no que está ao pertencer a súa guía ao mesmo. Susana coñeceu á triatleta lucense Alba Cuba no Centro Galego de Tecnificación Deportiva e con ela xa competiu en Madrid e Londres.
Descargar todas as imaxes