O alcalde despide aos primeiros 50 alumnos becados polo Concello para estudar inglés no Reino Unido
Abel Caballero asistiu á despedida dos rapaces que partiron en bus as 06:30 desta mañá desde a Praza do Rei ata Porto, para viaxar desde alí ao Reino Unido. De acordo co programa de inmersión lingüística, PILIVIGO 2010, da Concellería de Educación, os alumnos estarán durante 3 semanas en dez localidades inglesas. Nos próximos días marcharán os 200 que faltan en grupos de 50 e acompañados en todo momento polos seus monitores.
O programa comezou co goberno municipal socialista en 2008, momento no que se concederon 100 becas ata chegar as 250 actuais e as que se suman as 100 bolsas para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas. O obxectivo marcado polo rexedor, Abel Caballero, é que todos os nenos da cidade poidan estudar inglés becados polo Concello, de tal xeito que melloren o seu nivel de inglés.
Este ano os rapaces estudarán es escolas das localidades inglesas de Dereham, Loxley, Norwich, Ramsgate, Richmond, Sawtry, Scarborough, Sheffield, Wymondham e York, desde o 9 de setembro ata o 5 de outubro.
Esta iniciativa didáctica municipal ten como obxectivo primordial ofrecer ao alumnado de 4º de ESO dos institutos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo. Esta nova edición do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa PILIVIGO 2010, tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal "AULAS INTERNACIONAIS".
A participación no programa implica para todo o alumnado beneficiario que teñan incluído o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade.
Descargar todas as imaxes