Escoitar

Iolanda Veloso presenta a programación de Súbete ao Castro con iniciativas de lecer alternativo para a mocidade

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou hoxe a nova programación de Súbete ao Castro, espazo no que se ofrecen actividades de lecer alternativo enfocadas a dar resposta ás necesidades da xente moza da cidade. A nacionalista salientou a boa acollida das iniciativas realizadas no que vai de ano e considera que é considera que é indicativo de que se traballa na boa dirección para atender a demanda real dos mozos e mozas da cidade.

xoves, 9 set 2010
1284035764Castro.JPG
"O que intentamos é ir adaptándonos á demanda da xente moza e en vista da demanda que están a ter as actividades que ofrecemos pensamos que se está cumprindo ese obxectivo", explicou. Iolanda Veloso sinalou que non se pode ofrecer lecer alternativo sin saber realmente o que necesita a mocidade porque o único que se logra é que a participación sexa moi baixa. Sen embargo, afirmou que a gran acollida que están a ter as actividades impulsadas pola Concellería de Xuventude indican que se está traballando no bo camiño. "Os mozos e mozas teñen recursos que lles permiten escoller como pasar o seu tempo libre", afirmou.

Neses recursos inclúese a programación de Súbete ao Castro que empeza este mes unha nova andaina de cursos relacionados coa música e artes escénicas, actividades onde se detecta maior intesese da mocidade. O día 13 iniciarase o curso "Música en rede" que está dirixido aos usuarios dos locais de ensaio, solistas e compoñentes de grupos musiciais. O curso abarcará a formación en marketing musical como o correcto uso e deseño de todas as posibilidades que ofrece a rede para dar a coñecer o seu traballo (Myspace, blogs, Twitter...). Desenvolveranse tamén cursos de formación de guitarra, djembé, batería, técnica vogal, danza oriental, baixo, e breakdance e un curso específico de son para que avancen nos seus coñecementos sobre o traballo cunha mesa de misturas.
Iolanda Veloso avanzou que xa hai curso con lista de agarda, pero animou a todos os interesados en achegarse ata as instalacións do Castro e informarse xa que ao longo de ano poden ir quedando vacantes. A concelleira agarda que estas novas actividades teñan a mesma acollida que as desenvolvidas nos sete primeiros meses do ano. Segundo explico, de xaneiro a xullo 6.000 mozos e mozas participaron nos diferentes cursos de formación, actividades de dinamización ou no obradoiro de habilidades para a prevención.

Especial mención fixo dos Castroconcertos, que se organizan para promocionar aos grupos e bandas locales, aos que asistiron máis de 2.000 persoas, unha cifra que sen contar a asistencia aos concertos do mes de setembro, xa supera en 400 persoas a de todo o ano pasado. Iolanda Veloso explicou que como novidade este ano empezáronse a facer concertos fóra do Castro, en locais de ocio da cidade, cun grande éxito.
Descargar todas as imaxes