Escoitar

Parques e Xardíns inviste 40.000 euros na reposición das 45 árbores caídas polo temporal<br />

O departamento que dirixe a concelleira Raquel Díaz ten iniciado a pasada semana o proceso de recuperación das 45 árbores caídas no termo municipal nas dúas últimas fins de semana por mor do temporal. Parques e Xardíns reporá o arborado con cedros, olmos, thuyas, salgueiros, camelias e castiñeiros, polo seu valor ornamental.

mércores, 4 feb 2009
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns do Concello de Vigo, que dirixe a socialista Raquel Díaz, está a investir 40.000 euros na reparación dos destrozos causados polo temporal nas pasadas dúas fins de semana, nas que caeron un total de 45 árbores no termo municipal vigués.

Os traballos de reposición xa comezaron a pasada semana e, debido ao seu valor ornamental, o departamento municipal está a repor os desperfectos con olmos, cedros, thuyas, salgueiros, camelias e castiñeiros.

O custo estimado dos danos causados no arborado na primeira fin de semana ascende a 27.580 euros, a efectos da reposición dos exemplares, retirada de ramas, destoconado, limpeza e do dispositivo técnico e humano habilitado. Na pasada fin de semana, pola contra, a valoración estimada suma 12.380 euros.

Dos 45 exemplares afetados, 33 se viron caídos na primeira fin de semana -24 e 25 de xaneiro-, cando o temporal tivo máis virulencia, e achegouse tanto ao casco urbano como aos parques forestais. Na pasada fin de semana -31 de xaneiro e 1 de febreiro-, os danos foron menores, caendo 12 exemplares.

24 e 25 de xaneiro
A primeira fin de semana, e na Avenida de Castelao, o temporal derrubou tres chopos, un olmo, un cedro e unha thuya; en Montero Ríos-Compostela, caeron un chopo, unha salgueira e unha camelia; en Samil, dous chopos; no Monte de O Castro, un piñeiro, unha acacia e unha mimosa; en Castrelos caeron dúas acacias e na Avenida de Balaídos, un chopo.

Os parques forestais tamén víronse afetados polo temporal, derrubando catro piñeiros tanto en Coruxo como nos Pozos, así como un castiñeiro no Vixiador e sete acacias na Madroa.

Segunda fin de semana
O pasado sábado e domingo, os efectos do temporal anunciado coa alerta laranxa foron considerablemente menores ao primeiro fin de semana. Na rúa Estrada caeu unha acacia; no Cristo da Victoria, un chopo; dous piñeiros do Parque Forestal da Madroa; catro acacias, un ciprés e un piñeiro no Monte de A Guía; na rúa Arbones, un ligustrum japonicum; e na rotonda de Ricardo Mella, unha camelia.