Peche da rúa Jacinto Benavente ao tráfico
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa UTE AUDITORIO DE VIGO, estará pechada ao tráfico a rúa Jacinto Benavente, treito entre Instituto Oceanográfico e J R Jimenez, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 04 de febreiro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado de seis semanas.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Instituto Oceanográfico, Marqués de Salvaterra e Juan Ramón Jiménez. Asemade, mentres dure o peche, establécese sentido único na rúa Jacinto Benavente, entre as rúas J R Jiménez e Severo Ochoa, cara a Severo Ochoa.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.