Iolanda Veloso entrega hoxe os premios do primeiro concurso de fotos, vídeos e música realizados con móbil<br />
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, fará entrega esta tarde no museo Marco, ás 19 horas, dos premios correspondentes á primeira edición do concurso de fotos, vídeos e música realizados con teléfono móbil "3, 2, 1…Click". Segundo a concelleira , dende o inicio da convocatoria, a web www.321click.org recibíu máis de 3000 visitas e foron máis de 100 as persoas que participaron na proposta.
Iolanda Veloso salienta que esta iniciativa ten o obxectivo de "ofrecer un espazo para a xente nova a través dunha ferramenta tan habitual como o móbil", e adianta que en cada categoría repartiranse tres premios, elixidos polo xurado integrado por Alfonso Pato (director do festival de Cans e creador do espazo "Onda Curta" da TVG), Antonio Amaro (responsable da área cultural do RCNV), Paco Serén (fundador do grupo Los Piratas), Miguel Núñez (fotógrafo profesional) e Laura Iglesias (técnica do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo).
Na categoría de Fotografía participaron 88 imaxes, na de Vídeo foron 17 os traballos recibidos e foron 9 as versións do himno galego presentadas. O primeiro premio da categoría de Fotografía, dotado cun ordenador portátil é para Agnieszka Lisik, polo seu traballo Eu Vigo, e o xurado valorou a súa orixinalidade e o seu xeito de reflectir Vigo coo cidade hospitalaria e acolledora. O segundo premio dotado cunha Play Station 3 corresponde ao traballo Morriña de Alberto Rodríguez Bernárdez, que recolle o regreso ao fogar. O terceiro premio, ao que lle corresponde un I-Pod, é para Susana Montes Pedreira polo seu traballo Respirando Vigo, que trasmite sensación de xuventude e reflicte o gozar da cidade.
Na categoría de Vídeo, o primeiro premio, dotado tamén cun ordenador portátil, é para o traballo "Samil no coche", de Iria Mosquera López; o segundo premio, dotado cunha Play Station 3, é para o traballo "Como eu a sinto" de Emilia Zapatero Rodríguez; e o terceiro, premiado cunha I-Pod, é para "Vigo" de Beatriz Pampín Álvarez. No apartado de música, o xurado, nos tres casos, valorou a orixinalidade e ruptura respecto do himno galego tradicional ao facer unha versión orixinal do mesmo. O primeiro premio, dotado con 1.000 euros, corresponde a Carlos Gende Prego, o segundo, dotado con 800 euros, a Manuel Antonio Alonso Iglesias e o terceiro, dotado con 600 euros, é para David Santos Domínguez.