Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas

<br />

venres, 27 xuñ 2008
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, en sesión ordinaria de 26 de maio de 2008, aprobou definitivamente a Ordenanza Municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas (exp. Nº 74358/210).
No BOP nº 120, de 23 de xuño de 2008, publicouse o anuncio de aprobación definitiva da devandita Ordenanza Municipal xunto co teor literal da mesma. A norma entra en vigor o vindeiro 11 de xullo de 2008.