Escoitar

Trece locais do Casco Vello participan no III Concurso de Tapas do 27 de xuño ao 13 de xullo con racións a un euro

No marco das diversas iniciativas que está a desenvolver o Concello de Vigo para dinamizar o Casco Vello, entre o 27 de xuño e o 13 xullo trece locais do barrio histórico da cidade participarán na terceira edición do Concurso de Tapas, cun prezo dun euro cada unha.

venres, 27 xuñ 2008
Os locais que participan no concurso son La Carbonara, que ofrece mini espetada de carne con salsa ao funghi; Creperie do mar, no que se poderá probar a crepe tartar ou boursin de saumon; Herba Luisa, que preparará cabaciña ao curry; Tratévere, que fará filloa mixta; Marisquería Bahía, na que se poderá tomar un revolto de zamburiñas ao suspiro de pomarola e herbas silvestres; Petiscos, que fará petisco delicia da Ría; Mama Oko, con mini espetada tandoori con salsa verde de cilantro; Vinoteca A Meiga, que fará montadito Á Mega; A Curuxa preparará collóns de crego; no Pita Tola poderase degustar o ceviche; La Comidilla preparará quevirantes; no Alta Fidelidade farán mexilóns ao estilo Alta Fidelidade e no Gout Doux poderase probar mar a dentro.

Cada participante concursará coa mesma tapa todos os días da convocatoria e establécense dous premios. O primeiro consistirá nun diploma e unha fin de semana para dúas persoas no, e o segundo será un diploma. Ademais, entre toda a clientela que participe na votación sortearase unha fin de semana para dúas persoas no Hotel Hesperia La Toja.