O Goberno aproba a contratación de urxencia do servizo de socorrismo para nove areis da cidade
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a tramitación de emerxencia para a contratación do servizo de salvamento e socorrismo de nove areais da cidade: Rodas, A Punta, O Tombo do Gato, Argazada, O Vao, Fontaíña, Canido, Samil e Fortiñón.
O número de efectivos será de 24 fixos para os tres meses de verán, que se verá ampliado ata os 36 nos periodos con maior afluencia de bañistas. Os socorristas xa comezaron o seu traballo o pasado domingo, 22 de xuño.
Durante o que resta de mes de xuño e a primeira quincena de setembro, o servizo se prestará durante os fins de semana nas nove praias e, durante os meses de xullo e agosto, os socorristas operarán tamén de luns a venres. Os horarios de prestación do servizo e o número de efectivos varían dependendo do areal e da tempada.
O goberno local, para mellorar e prestar axeitadamente o servizo, ampliou neste exercizo a súa dotación orzamentaria nun 48,15%, ascendendo a cantidade aos 200.000 euros actuais. Sumado aos medios que a empresa Transgalaica S.L., a compañía adxudicataria para o 2008, emprega para cubrir o servizo, o Concello de Vigo conta cos operativos de Cruz Vermella, Protección Civil e a Policía Local para garantir a seguridade dos usuarios.
Augas de calidade excelente
O laboratorio municipal do Concello de Vigo certifica a calidade das augas de baño dos areais vigueses. Segundo o análise das mostras tomadas neste mes de xuño, vinteunha das praias da cidade presentan un auga de baño de calidade excelente das 23 estudadas. A Fonte, a dos Olmos, obten unha calificación de insuficiente e a de Muíños, sen valoración.
A excelencia para o baño a obteñen os areais de O Adro (Bouzas), O Carril, Santa Baia, Mourisca, O Tombo do Gato, A Argazada, Samil (tomadas as mostras en tres puntos distintos da praia), Foz, Calzoa (As Barcas), Fontaíña, O Vao-Baluarte, Toralla, O Mende, A Punta, Canido, O Xunqueiro (Funquiños), A Sobreira, Os Muíños de Fortiñón (Saiáns) e O Portiño.