Escoitar

O alcalde valora a “excelencia” científica do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo

Abel Caballero visitou este mércores a sede do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo para coñecer de primeira man a actividade investigadora que, segundo lle trasladaron, está a ter “impacto en Galicia, en España e na comunidade científica internacional”.

mércores, 23 set 2026

O rexedor percorreu as instalacións do centro e achegouse ao labor que desenvolven, especialmente, no referido á actividade investigadora que é recoñecida pola súa “excelencia” a nivel mundial, un valor que recoñeceu Caballero e polo que transmitiu o seu “orgullo e satisfacción”.

Durante a visita ao IIM-CSIC de Vigo, a directora do centro, Beatriz Novoa, referiuse aos 70 proxectos de investigación que teñen en marcha nestes momentos e aos 16 grupos de investigación que analizan os problemas actuais no mar. Mencionou tamén o labor de apoio e formación de doutoramento, a importancia da transferencia de coñecemento e a divulgación no ámbito científico. 

O alcalde saudou ao persoal durante o percorrido polas instalacións, no que participaron tamén Carmen González, delegada institucional do CSIC en Galicia; Lucía Sánchez, vicedirectora técnica; e Alberto Espinosa, xerente do Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo.

Descargar todas as imaxes