VigoNature programa 20 sesións divulgativas en agosto para observar de forma segura a eclipse solar
O alcalde apuntou este mércores que, ao finalizar cada unha das actividades, os asistentes recibirán unhas lentes homologadas para contemplar o fenómeno astronómico.
Durante o mes de agosto VigoNature desenvolverá actividades dunha hora de duración para facilitar información ás persoas interesadas na súa observación sobre o modo de realizar o seguimento de forma segura.
O alcalde remarcou que desde o mes de marzo o Concello de Vigo desenvolve en VigoNature un programa con 40 actividades para preparar á cidadanía a contemplar o fito astronómico “con seguridade absoluta” para evitar danos oculares. “Non valen radiografías, nin cristais afumados”, lembrou, incidindo na importancia de utilizar os lentes homologados como os que reciben as persoas que participan nas actividades de VigoNature. “O dano sen observar o sol sen os lentes adecuados pode ser moi severo”, indicou.
O rexedor sinalou que Vigo conta con numerosos enclaves estratéxicos para contemplar a eclipse como o Monte Alba, Cabo Estai, o miradoiro do Paseo de Alfonso, o Monte do Castro, o miradoiro da Madroa, o paseo de Bouzas ou a Praia de Samil, alén das vivendas e rúas orientadas cara ás Illas Cíes.
As sesións, que terán lugar ás 13:00 e ás 19:00 horas, finalizarán o 11 de agosto.