Escoitar

A Casa da Xuventude acollerá os cursos “Talento xoven” de formación para o emprego

O Concello de Vigo e a Cámara de Comercio cooperan na iniciativa que facilita cursos de capacitación para a inserción laboral a mozas e mozos entre 16 e 29 anos que carecen de estudos e buscan emprego.

venres, 5 xuñ 2026

O alcalde e o presidente da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía presentaron este venres os tres cursos que se impartirán na Casa da Xuventude coa iniciativa “Talento Xoven”, que conta con fondos europeos, coa finalidade de axudar aos mozos para formarse e incorporarse ao mundo laboral.

A oferta formativa contempla un curso avanzado de piloto de drons: aplicación á industria, fotogrametría con drons, que conta conn unha duración de 60 horas. A este súmase outro de rotulación e personalización profesional de vehículos, tamén de 60 horas, e un terceiro de monitor de tempo libre de 200 horas teóricas e 150 prácticas.

Abel Caballero incidiu no contido das tres propostas formativas á vez que reiterou a vontade de seguir cooperando coa Cámara de Comercio.

José García Costas recalcou a importancia de organizar cursos que permitirán aos mozos para acceder a un traballo a través da formación. Agradeceu ao alcalde a participación do Concello “nun tema de vital importancia”.

Descargar todas as imaxes