Os xardíns de Castrelos acollerán este verán a proxección de 6 películas no programa de cine ao aire libre
O Concello de Vigo seleccionou as producións cinematográficas que se proxectarán do 19 de xuño ao 4 de xullo no Pazo Quiñones de León, en resposta ao éxito alcanzado o verán pasado.
Caballero presentou esta mañá os seis títulos que encherán de cine os xardíns de Castrelos. “Unha forma de fomentar a cultura e poñer en valor o Pazo”, destacou.
Programa
• Venres 19 de xuño: Buffalo Kids (2024). Película de animación para todos os públicos, especialmente recomendada para a infancia.
• Sábado 20 de xuño: Odio o verán (2024). Comedia española.
• Venres 26 de xuño: Pai non hai máis que 4: campás de voda (2024). Comedia para todos os públicos.
• Sábado 27 de xuño: Rondallas (2025). Produción ambientada na área de Vigo. Para todos os públicos.
• Venres 3 de xullo: Sonic 3 (2024). Animación para maiores de 7 anos.
• Sábado 4 de xullo: Amigos imaxinarios (2024). Fantasía e comedia recomendada para familias con nenos e nenas pequenos.