Escoitar

O Goberno municipal suma 15,6 millóns ao orzamento de 2026 para investimentos en barrios e parroquias

O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou na sesión extroardinaria desta mañá a proposta do grupo municipal socialista de ampliar en 15,6 millóns de euros o orzamento de 2026. Os edís do PP e do BNG votaron en contra da iniciativa que inclúe actuacións en vivenda, política social, cultura, deportes, humanizacións, educación, alén de axudas a entidades cidadás de toda a cidade.

mércores, 6 mai 2026

Caballero indica que cos seus votos en contra, os edís do PP e do BNG demostran que están “tan politizados que o único que pensan é en prexudicar á cidade. Cren que prexudicando á cidade e evitando que fagamos todas as obras lles a vai ir mellor a eles". 

No debate plenario, o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, afirmou que o Goberno Municipal leva adiante unha “proposta construtiva para toda a cidade”, xa que inclúe proxectos para “seguir desenvolvendo todos os barrios e parroquias”. Recalcou que o executivo local, que nas últimas eleccións municipais alcanzou un apoio do 60 por cento dos votantes de Vigo, “xestiona para toda a cidade mantendo un diálogo constante coa cidadanía.

Caballero recalcou que co seu rexeitamento á proposta do Goberno Municipal, os edís do PP e o BNG están en contra das seguintes actuacións:

  • Humanización de  Serafín Avendaño.
  • Exposición de  Julio Verne.
  • Finalización de obras.
  • Cuberta da pista deportiva en Zamáns.
  • Humanización da rúa Lepanto.
  • Ramplas de Pintor Colmeiro.
  • Ramplas de Pintor Lugrís.
  • Concertos de Castrelos.
  • Servizo de Atención Domiciliaria.
  • Praza de Fernando Elorrieta Rey (rúa Palencia).
  • Melloras nos centros culturais.
  • Plan de renovación de placas identificativas das rúas.
  • Adquisición de parcelas para a mellora do areal do Cocho (Alcabre).
  • Melloras nos centros de asociacións de veciños.
  • Escultura de Iago Aspas.
  • Sede European Police and Fire Games (Xogos Europeos de Policías e Bombeiros).
  • Funcionamento e mantemento do Auditorio Mar de Vigo.
  • Reparación estrutural do muro de contención da Vila Romana de Toralla.
  • Novo contrato de coches para a Policía Local.
  • Escola Infantil Municipal de Bembrive.
  • Climatización do Centro Municipal Distrito de San Roque
  • Expropiacións para seguir desenvolvendo o PXOM
  • Subvencións para a adecuación de vivendas baleiras que se incorporen ao mercado de alugueiro a prezo taxado.
  • Construción do edificio Esturáns.
  • Rehabilitación do edificio Ramón Nieto, 58 (antiga cooperativa de agricultores de Lavadores).
  • Acondicionamento da Oficina Municipal de Rehabilitación, na Praza da Princesa.
Descargar todas as imaxes