O goberno municipal inicia a retirada de árbores caídos no río Lagares
Caballero informou que os traballos, que teñen un orzamento de 18.000 euros, van desenvolverse ao longo do mes de outubro.

O Concello investirá 18.000 euros na retirada de árbores caídos no curso do río Lagares. O alcalde informou que a intervención se fará por tramos e que se utilizarán tanto medios manuais como mecánicos “con exquisito coidado do medioambiente e do río Lagares”.
Caballero trasladou que as obras se estenderán ao longo do mes de outubro para a retirada de árbores e ramas que noutras ocasións caeron debido aos temporais.