O MARCO acolle a mostra "Generación 2025"
O alcalde inaugurou este xoves no MARCO a mostra "Generación 2025", un proxecto da Fundación Montemadrid La Casa Encendida, cuxa iniciativa cultural celebra o seu 25º aniversario. Dende o ano 2000 mostra anualmente unha selección de proxectos artísticos, co empeño de proporcionar aos artistas ferramentas de produción e promover a difusión dos seus traballos. En Vigo, dende hoxe e ata o 12 de outubro, expoñerán os 8 artistas gañadores, que comparten narrativas sobre futuros desexables e a Intelixencia Artificial como produtora de ficción e o interese pola oralidade.




