Vigo aposta pola recuperación do xardín francés de Castrelos
Abel Caballero e a tenente de Alcalde, Carmela Silva, achegáronse este venres á xornada “O Pazo de Castrelos, unha experiencia práctica na xestión e restauración de xardíns históricos” onde expertos debatían hoxe sobre os valores botánicos e a recuperación do espazo.

O encontro abordou diferentes aspectos dos xardíns: desde a historia do pazo, aos valores botánicos ou a restauración deste tipo de espazos históricos cunha especial atención ao xardín francés, do que o alcalde avanzou a súa restauración.
Tal e como apuntou, os expertos reunidos hoxe en Vigo sosteñen que o de Castrelos é o “xardín francés máis importante que hai en Galicia”, e vén de sufriu as consecuencias dun fungo que deteriorou os boj e arbustos que o conforman. O obxectivo municipal é “reconstruír o xardín francés histórico de hai cen anos” dedicando recursos á recuperación das especies perdidas para poñelo en valor.
Na xornada celebrada este venres participan profesores e investigadores en paisaxismo, xardinería e patrimonio artístico como Jesús García Sánchez, Catedrático de Historia da Arte, María Isabel Iglesias Díaz, Profesora de produción vexetal ou Pedro Calaza Martínez, doutor Enxeñeiro Agrónomo, Doutor en Arquitectura da Paisaxe e director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.
Caballero trasladou tamén a intención do goberno municipal de abrir o pazo á cidadanía, coincidindo co centenario da súa doazón á cidade e agradeceu aos participantes o seu interese por esta xornada.