Escoitar

O Concello exhibirá parte da súa colección de arte galega na Casa das Artes

O alcalde avanzou que se vai acometer unha reforma da primeira planta da Casa das Artes para crear una nova sala de exposicións que albergará a colección propia de arte galega do Concello.

xoves, 13 mar 2025

“A cultura está tendo un impulso importantísimo na cidade pero precisamos máis salas”, explicou Caballero ao dar conta da aprobación na próxima Xunta de Goberno do proxecto de mellora das estancias expositivas da primeira planta da Casa das Artes.

Coa obra, que ten un orzamento superior aos 195.000 euros e un prazo de execución de tres meses e medio, o goberno municipal habilitará o espazo para albergar unha exposición permanente con algunhas das pezas da colección propia de arte galega, que o rexedor cualificou como “excepcional” e unha das máis importantes de Galicia.

Así, a cidade gaña espazo expositivo para, xunto coa Pinacoteca, poñer en valor a colección de arte municipal.

Ludoteca APAMP

A Xunta de Goberno Local dará luz verde mañá á subvención nominativa mediante convenio coa Asociación de familias de persoas con parálise cerebral, APAMP, para o desenvolvemento da súa Ludoteca inclusiva no ano 2025.

O alcalde explicou que a subvención de 28.000 euros é para unha “actividade da maior importancia”, xa que permite que a asociación desenvolva un programa de dinamización infantil e xuvenil que cubre as necesidades de lecer e tempo libre das nenas e nenos de entre 4 e 10 anos. A Ludoteca de Apamp, situada na rúa Sagunto, organiza actividades de carácter formativo en valores positivos para o desenvolvemento das nenas e nenos.

Descargar todas as imaxes