Escoitar

O Concello adxudica as primeiras 95 axudas para a mellora da eficiencia enerxética de edificios da cidade

Abel Caballero avanzou que o Concello resolveu as primeiras 95 subvencións para a mellora da eficiencia enerxética de edificios de 14 zonas da cidade, un programa dotado de 6,4 millóns procedentes de fondos europeos. En Coia adxudicouse xa o importe total das axudas cunha media de subvención do 72%. No resto das zonas, abrirase ata novembro unha nova convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

luns, 27 mai 2024

A Xerencia de Urbanismo dará conta mañá da resolución da primeira convocatoria das axudas do programa Espazos Residenciais de Rehabilitación Programada, financiado con 6,4 millóns procedentes de fondos europeos a través do Ministerio de Vivenda. Dentro desta convocatoria, que permitirá rehabilitar 970 vivendas, seleccionaronse xa 95 actuacións, das que 77 son en Coia; 5 no Casco Vello e outras 5 en Bouzas: 6 en Santa Clara e 2 en A Salgueira. O importe total subvencionado ata o momento é de 1,6 millóns. Esta iniciativa ten sido xa un éxito en Coia onde se adxudicou o importe total das axudas cunha de subvención do 72%. No resto das zonas, abrirase ata novembro unha nova convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Tal e como explicou Caballero, son 14 as zonas que se poden incorporar a este programa, dos que 8 xa son consideradas áreas de rehabilitación integral (ARI): Casco vello, Bouzas, Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque e Coia. As seis restantes son Fenosa, Salgueira, Gorxal, Canicouva, Alcalde Lavadores e Escolas Públicas.

Descargar todas as imaxes