Escoitar

A Concellería de Igualdade presenta un Faladoiro con Xisela Franco

"En primeira persoa. Cinema artístico galego feito por mulleres", o vindeiro mércores, 10 de abril, ás 19:00 horas na Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel".

martes, 9 abr 2019
O vindeiro mércores, 10 de abril, ás 19:00 horas na Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel" terá lugar, da man do Centro de Documentación e Recursos Feministas o Faladoiro "En primeira persoa. Cinema artístico galego feito por mulleres" con Xisela Franco.

Xisela Franco é cineasta e artista. Licenciada en Comunicación Audiovisual e en Filosofía en Madrid. Posteriormente realiza cunha beca un MFA en Film en York University en Toronto, cidade onde vive catro anos. Actualmente combina o seu traballo audiovisual co seu doutoramento na Universidade de Vigo. As súas obras se atopan a cabalo entre o documental experimental e o cinema de museo, vertente artística que combina coa dirección de producións divulgativas de historia para TVE, Canal Historia o TVG.

En 2016 creou e dirixiu o proxecto "Cinema e Muller", con Beli Martínez á produción, e co apoio da Deputación de Pontevedra, un conxunto de accións que lograron crear redes e visibilizar o cinema feito por mulleres en Galicia.