Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 12 de decembro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde salienta o traballo de cooperación realizado en Cabo Verde en residuos e agricultura

Abel Caballero e unha delegación caboverdiana informaron este xoves dos proxectos que realiza Vigo e Galicia, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no arquipélago atlántico. Os dous últimos proxectos cofinanciados polo Concello de Vigo, vicepresidente do Fondo, foron dirixidos á mellora da xestión de residuos en Porto Novo e á dinamización da agricultura en Santa Cruz.




O alcalde de Vigo compareceu xunto á edil de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas, e, en representación do país lusófono, Manuel de Pina -presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e rexedor de Ribeira Grande- e Rosa Lópes -presidenta da Cámara municipal de Porto Novo e única alcaldesa entre os 23 municipios de Cabo Verde-.

O Concello de Vigo ostenta a vicepresidencia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que leva once anos cooperando e apoiando proxectos de desenvolvemento en Cabo Verde. Os dous últimos impulsados desde a cidade olívica procuran a mellora da xestión de residuos en Porto Novo e a dinamización da agricultura en Santa Cruz.

Abel Caballero afirmou que "nós entendemos a cooperación como unha forma de desenvolvemento coordinado", para potenciar a propia implicación no desenvolvemento internacional e como apoio ao mellora das condicións en territorios internacionais.
Mais noticias
O goberno de Vigo concéntrase contra o proxecto de lei de reforma da administración local
Profesionais buscan solucións arquitectónicas para a Panifadora nun concurso internacional
O rexedor anima a todo Vigo a asistir ao Circo do Nadal que se instalará na Avenida Castelao
Actividades do Centro de Interpretación de Oralidade de Vigo FIN DE SEMANA... DE CONTO!
Inauguración exposición "Gonzalo Viana. Mito, fábula e distopía"
Xunta de Goberno Local
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003