O Marco ofrece un amplo programa de actividades con motivo do 6º aniversario
O 13 de novembro de 2008, o MARCO cumpre seis anos dende a súa apertura ao público. O sábado 15 e domingo 16 de novembro, a festa aniversario ofrece un amplo programa de actividades para visitantes de todas as idades, que se suman ás tres exposicións temporais que actualmente se mostran en salas.
Para esta ocasión especial, o museo permanecerá aberto durante a noite e madrugada da fin de semana: dende as 11.00 da mañá do sábado ata as 05.00 da madrugada do domingo, e dende as 11.00 ata as 21.00 do domingo. Dous días e unha noite nas que a maxia será a protagonista...
As actividades que se ven de programar son ‘Unha noite máxica’ espectáculos de maxia d Mago Romarís, Mago Vituco, Martín Camiña e Cayetano Lledó con participación do público nas salas de exposición MARCO Sound System; actuacións en continuidade de DJs acompañadas de proxección de imaxes; maratón ArtFutura 2008: ‘Máquinas e almas’; proxección do programa audiovisual desta edición
MARCO en 500 imaxes, proxección en continuidade de fotografías sobre o pasado e presente do edificio; documentando o MARCO ,recollida de testemuños persoais sobre a historia e a memoria viva do edificio do MARCO; ‘A viaxe máxica’: obradoiros para familias coa participación de nenos/as a partir de 3 anos acompañados de persoas adultas; ‘Chisteiras de sal e coellos de azucre’obradoiro para público infantil, a partir do conto ‘Sal e azucre’, de OQO Editora; mercadillo do libro:libros e catálogos a prezos especiais; O MARCO por dentro, visitas guiadas ás exposicións temporais, na compaña dos monitores de sala, e visitas especiais ao edificio do MARCO e á exposición de Suso Fandiño no Espazo Anexo; menú especial 6º aniversario: menús preparados polo restaurante-cafetería TEMPO para a noite do sábado e a mañá do domingo ; mesa informativa da Agrupación de Amigos do MARCO: información sobre actividades, obxectivos e servizos da AAM.
Descargar todas as imaxes