Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 03 de xullo de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O concelleiro de Deportes anima á mocidade viguesa a asistir ao Campionato de España de freestyle, en Navia a fin de semana

A patinaxe freestyle aterra en Vigo por vez primeira a nivel de Campionato de España. A sexta edición dun evento polo que puxaban cidades como Barcelona ou Valencia celébrase esta fin de semana no Multiusos de Navia baixo a organización do Freestyle Slalom Vigo e o patrocinio do Concello de Vigo a través da Concellería de Deportes.




O edil de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe "outro Campionato de España máis", dos varios que se organizan en Vigo ao longo do ano, pero agora "dunha especialidade nova, interesante, que a mocidade goza bastante; é un gran evento dunha excelente disciplina deportiva", sostivo.

A entrada a Navia será de balde e a competición comezará o sábado a 15:15 horas co speed slalom feminino, para continuar ás 18:45 co battle, concluíndo a primeira xornada sobre as 22:00 horas. O domingo, o polideportivo verá derrapes (9:40), jam (10:35), classic (11:10) e salto (15:10), para rematar ás 18:30 cunha ruta turística en patines desde Samil e percorrendo Vigo.

"Estamos orgullosos de poder organizalo e esperemos que os nosos patinadores, novas promesas, teñan acerto e poidan subir ao podio", dixo Iñaki Ramón, responsable da organización e que na rolda de prensa estaba acompañado por unha adestradora do club.

Corenta participantes de nove comunidades autónomas, Cataluña, Madrid, Valencia, Cantabria, Canarias e as dúas Castelas entre elas, tentarán impoñerse en seis modalidades programadas, speed slalom, battle, derrapes, jam, classic e salto sen rampa, que en 2013 foron fundamentalmente dominadas por Madrid e Valencia.

O club vigués, nacido en 2008, recibiu do estamento federativo esta organización por tres motivos fundamentais: gustou a opción viguesa respecto de a doutras cidades "onde xa se celebrou o Nacional en anteriores ocasións", a pista é unha instalación moi moderna, e o club FSV aprobou con nota a organización dunha das etapas da Copa de España en 2013, no pavillón do Carmen.

Ademais, o Nacional de Vigo servirá ao corpo técnico da Real Federación Española de Patinaje, formado polo seleccionador, o vigués Iñaki Ramón, e o xuíz internacional Francisco Cabeza, para evaluar as posibilidades dos patinadores cara á selección que se estuda levar ao Campionato do Mundo (París, 21-26 de outubro).

Programa municipal de rutas
Na rolda de prensa, o concelleiro Manel Fernández tamén anunciou que comezaron as rutas de patinaxe pola cidade, o derradeiro domingo de cada mes. É a segunda edición deste novedoso programa deportivo municipal. "Tentamos desenrolar novos programas para poñer en valor as disciplinas que xorden entre a mocidade, incorporándoas ao conxunto da actividade deportiva", manifestou o edil.

Polas mañás haberá percorridos distintos por Vigo e alrededores, e polas tardes (17:00) dedicados a nenos para que coñezan as normas de como rodar en grupo. A Policía Local colabora con estas rutas.
Mais noticias
Os pianistas Michael Wollny e Alfredo Rodríguez na penúltima xornada do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons
Xunta de Goberno Local
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003