Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de maio de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde ensalza o "galeguismo moderno" de Paz Andrade nun acto cultural de homenaxe ao vigués

O Concello de Vigo e Radio Nacional de España en Galicia celebraron este xoves un acto poético musical de homenaxe a Valentín Paz Andrade, vigués conmemorado este ano polo Día das Letras Galegas. O evento contou con actuacións musicais e a participación do fillo e da neta do escritor.




O alcalde, Abel Caballero, a directora territorial de RNE en Galicia, Celia Díaz, e o actor e director do espectáculo, Lino Braxe, participaron no acto poético musical de homenaxe á figura do autor, culminando unha colaboración do Concello e RNE que comezou coa edición de material inédito de Valentín Paz Andrade.

"Poética das ideas", como titulouse o acto de homenaxe, contou coa presenza do seu fillo, Alfonso Paz Andrade, e unha breve participación da súa neta, Sabela. O público asistente puido asistir ás actuacións da actriz Rebeca Montero, do guitarrista Miguel Ladrón de Guevara e do propio Lino Braxe, baseadas na obra poética do homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Xunto a eles estiveron os tamén músicos Xabier Díaz e Guillermo Fernández.

O Concello de Vigo prestou cooperación ao arquivo sonoro de Radio Nacional de España en Galicia para editar dúas entrevistas inéditas a Valentín Paz Andrade, onde reflexiona sobre a industria e a ecoloxía do mar, da arte ou da necesidade dunha banca pública galega.

O material -do que edítanse 1.000 copias- suma case unha hora de duración entre as entrevistas en "Poetas de Galicia", de 1968, e en "Gallegos de Hoy", de 1981, e inclúe poemas de Paz Andrade recitados por traballadores e colaboradores da radio pública e polo propio Valentín.
Mais noticias
O Concello adicará a familias con poucos recursos as tres vivendas de Roteas que recibirá da Xunta
Caballero confía en aprobar o luns o orzamento do Concello para impulsar as "políticas de emprego"
O Concello mantén a achega de 18.000 euros á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003