Escoitar

Contacontos no Verbum

Este domingo día 22 de abril de 18 a 19 horas, con entrada gratuíta para todos os asistentes (aforamento limitado a 120 persoas), haberá no museo Verbum un contacontos, "XAN DAS ONDAS" para público familiar (nenos a partir de 3 anos).

venres, 20 abr 2012
1334922987verbum22.jpg
SINOPSE: Xan é un rapaz que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar non ten ondas e parece que está moi enfermo. Así que Xan, emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá os habitantes dos mares. Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?...

Organizado pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo en colaboración co Museo Verbum e desenvolvido por Barafunda Animación.

O contacontos contará con intérprete de lingua de signos.
Descargar todas as imaxes