Escoitar

O alcalde anuncia a adxudicación provisional de humanizacións de rúas por máis de 15 millóns

A Xunta de Goberno Local validou este venres a clasificación de ofertas das obras de humanización de Doutor Marañón, Pintor Colmeiro, Menéndez Pelayo, Brasil, as segundas fases de Ramón Nieto, Aragón e Martínez Garrido, Nicaragua e un pequeno treito da Avenida Castelao, a iniciar nun prazo aproximado de dous meses. Caballero resaltou que "queremos seguir facendo humanizacións en todo Vigo porque é o que a cidade demanda e é o noso compromiso político e electoral con esta cidade".

venres, 23 dec 2011
1324645275alcalde5.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou que nuns dous meses aproximadamente poderán iniciarse traballos de humanización de rúas por valor de 15,4 millóns de euros, despois de adxudicarse provisionalmente as obras na Xunta de Goberno Local deste venres.

Segundo detallou Caballero, o goberno local validou as reformas de Doutor Marañón (807.000 euros), Pintor Colmeiro (870.000 euros), Menéndez Pelayo (2.475.000 euros), Brasil (2.100.000 euros), Ramón Nieto (fase 2-1.500.000 euros), Aragón (fase 2-2.500.000 euros), Martínez Garrido (fase 2- 2.500.000 euros), Nicaragua (2.525.000 euros) e Avda Castelao, entre el nº 1 y el nº 9, por valor de 125.000 euros.

"Estamos por tanto facendo a contratación provisional da nova oleada de humanizacións da cidade de Vigo por valor de 15.402.000 euros", asegurou o primeiro edil, quen recordou que "queremos seguir facendo humanizacións en todo Vigo porque é o que a cidade demanda e é o noso compromiso político e electoral con esta cidade".

O alcalde afirmou que "seguimos con este proceso de embelecemento e adecentamento da cidade" e resaltou que "centos de postos de traballo vanse crear nestas obras".

Outros acordos
Caballero informou doutras decisións adoptadas polo goberno local, como a adhesión do Concello vigués ao convenio marco da Xunta de Galicia para a xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, unha xestión que viña acometendo a cidade e pola que agora recibirá cartos do goberno autonómico para a xestión.

En segundo lugar, o goberno de Vigo validou asemade a clasificacion de ofertas para a contratacion do servizo atención domiciliaria para a infancia. Trátase dun concurso público por 153.000 euros/año para atender a nenos e nenas menores de 10 años pertencentes a familias con escasos recursos e necesidade de conciliar a vida laboral e personal.
Descargar todas as imaxes