Escoitar

Caballero presenciou a carga do segundo avión de mercancías máis grande do mundo, que parte hoxe luns desde Vigo

O alcalde acudiu hoxe luns a Peinador para presenciar a carga do Antonov 124 con dous pezas de 42 toneladas destino a unha mina de ouro en Tanzania. Esta operación foi promovida pola delegación viguesa da empresa UTI Wolrdwide, que leva traballando neste proxecto o último mes no que é a primeira operación da compañía co aeroplano en Vigo.

luns, 4 abr 2011
1301919967antonov.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe luns a operación de carga de dúas pezas de 42 toneladas no Antonov, o segundo avión de carga máis grande do mundo que recalou en Peinador para partir esta mesma tarde.

A operación foi pilotada pola delegación viguesa da multinacional UTI Worldwide, quen leva un mes traballando na mesma. As dúas pezas da carga, fabricadas pola factoría Censa ubicada en O Porriño, constitúen a base dun muíño de case oito metros de diámetro para unha mina de ouro en Tanzania.

Esta é a primeira ocasión que UTI Worldwide fleta o Antonov desde Vigo, pero a compañía ten experiencia con estos cargueiros en outros aeródromos para realizar envíos de tanques, vehículos, armamento ou provisións por encargo do Ministerio de Defensa.

O Antonov 124 é o segundo avión de carga máis grande do mundo. Construído en Ukrania e Rusia ten unha capacidade de 750 m3, unhas dimensións de 36.5 x 6.4 x 4.4 metros e carga 120 toneladas de mercancía. Esta é a cuarta ocasión en que vén ao aeroporto de Vigo, habendo estado xa para o transporte dun barco da Copa América, cargas de marisco-pescado e barcas.
Descargar todas as imaxes