Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 30 de decembro de 2010

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O mercado de produtos tradicionais galegos do Casco Vello volve ao Paseo de Alfonso o primeiro domingo de 2011

O mercado de produtos tradicionais galegos que organiza a Concellería de Patrimonio Histórico celebrará a súa quinta edición o vindeiro domingo, día 2 de xaneiro de 2011. Esta feira, que conxuga a mellor artesanía tradicional coa venda de produtos ecolóxicos, avanza cara á súa consolidación no Casco Vello ao contar xa cun público fiel os primeiros domingos de cada mes.

Segundo o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudoiso Álvarez, as peticións dos artesáns e produtores para participar na feira son constantes, e da cifra inicial de nove participantes pasouse a quince na actual edición. O vindeiro domingo os artesán traerán o mellor dos seus traballos para mercar agasallos de última hora. Así poderán mercarse cestos de vimbio e madeira de Antonio Suárez, madeira torneada de Jorge Corcoba ou tecidos de Victoria Montenegro. Todos eles realizarán demostracións en vivo.

Tamén poderá atoparse deseño actual e sostible de pezas de bisutería en latón de Latontaylarubia, complamentos en cobre e prata de Artcoiris e tecidos de María Almazán. Nesta nova convocatoria poderán mercarse produtos da horta de produtores de Redondela e O Grove, pans de alto valor artesanal e ecolóxicas da panadería Divina de Santiago, queixo de cabra de Touza Vella, embutidos de Ecogaliza, conservas ecolóxicas de Caurelor ou prantas do centenario viveiro vigués J. Flores e xabróns artesanais de Josefa Gallego.
Mais noticias
Caballero propón que Concello, Deputación e Xunta "cooperemos" para unir Peinador con Londres, Frankfurt, Bruxelas e Milán
O Concello colabora coa Fundación Oscar Pereiro na Gala Benéfica do Viño e a Moda organizada en favor da Asociación Española contra o Cancro
O tenente de alcalde anuncia que o mercado do Berbés reformarase no 2011 e será un novo atractivo turístico de Vigo
O alcalde fixo entrega dos diplomas aos 125 alumnos dos cursos de informática de Participación Cidadá
Santi Domínguez salienta o éxito de público e das actividades que o Concello organizou en Vigolandia
Xesus López presenta a axenda de 2011 do Arquivo Pacheco, que conta xa con 70.000 imaxes dixitalizadas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003