venres, 8 mar 2024
O Concello representou a multiculturalidade de feminismo con bandeiras e flores de todo o mundo. Ata a Porta do Sol achegouse o alcalde acompañado da tenente alcalde e delegada da área de Igualdade, Carmela Silva, e a concelleira Ana Laura Iglesias, que compareceron xunto ao Consello da Muller e persoas que sumáronse ao acto. No seu discurso, Silva amosou o seu apoio ás mulleres de países onde é difícil traballar pola igualdade por mor das guerras. “O movemento feminista vai cambiar o mundo”, declarou. Pola súa banda, o alcalde sumouse ás reivindicacións en contra das violencias machistas e posicionouse en contra dos partidos políticos que rexeitan a igualdade ou son cómplices do machismo institucional.
venres, 8 mar 2024
A Xunta de Goberno do Concello de Vigo celebrada este venres aprobou as normas para acceder a unha das 674 prazas das 9 escolas infantís municipais para o próximo curso escolar. O alcalde lembrou a gratuidade da educación de 0 a 3 anos responsabilidade do Concello, que abarca desde a matrícula, aos servizos de comedor e ao de apoio aos escolares con atención educativa, orientación e gabinete psicopedagóxico.
venres, 8 mar 2024
Abel Caballero anunciou este venres que o Concello aprobou a última licenza de obra residencial e comercial no Barrio do Cura para dous edificios onde se contempla a construción de 157 vivendas, así como equipamentos para usos deportivos e dotacionais privados, entre outros.
venres, 8 mar 2024
Abel Caballero indicou que “fixa as liñas básicas de actuación de 2024 a 2027”. Na Xunta de Goberno tamén se aproba a adxudicación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de Vigonature ata 2025.