martes, 5 mar 2024
O Concello de Vigo reafirma a súa colaboración co Club Peña Trevinca e a Universidade de Vigo na nova edición do Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático, organizado con motivo do Día Mundial do Clima. A terceira edición, presentada este martes pola concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, a directora de medio ambiente da Universidade de Vigo, Delfina Couce, e polos directivos do club de montaña, celebrarase durante os días 19, 20 e 21 de marzo no Auditorio Municipal, e contará coa intervención de tres autoridades de referencia internacional: Carlos Soria, Joaquín Araújo e María José Sanz.
martes, 5 mar 2024
O Concello de Vigo colabora na organización da XIV edición do Congreso “O Ollo de Polisemo” de tradutores editoriais, que terá lugar os días 7 e 8 de marzo na Facultade de Filoloxía e Tradución, e no edificio Redeiras da Universidade de Vigo. Así o avanzaron este martes a concelleira de Política Social e Turismo, Yolanda Aguiar, e Liliana Valado, profesora universitaria e membro do comité organizador do simposio.