O Concello pon en marcha o programa de cross escolar, que mobilizará a 2.000 participantes
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu o “bandeirazo” de saída ao Mini Cros Vigo, o programa municipal de apoio ao atletismo en idade escolar.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu o “bandeirazo” de saída ao Mini Cross Vigo, o programa municipal de apoio ao atletismo en idade escolar. Oito probas, seis no presente curso académico e dous no 24/25, no derradeiro trimestre do ano, disputaranse ao longo de 2024. Haberá unha primeira carreira este domingo, día 10, no Colexio Párroco Don Camilo, en San Andrés, con preto de 200 rexistrados menores de 14 anos.
O programa contempla carreiras en Teis (dúas), Bembrive (dúas), San Andrés de Comesaña, Coruxo, Beade e Zamáns, incorporando este ano a cita de Chans Bembrive (CEIP Chans) e a do CEIP de Carrasqueira, en Coruxo.
Clubs como o Comesaña Sporting Club, Real Club Celta e AVA, centros escolares e asociacións de pais e nais repártense a organización das probas, en coordinación coa Agrupación de Atletismo Escolar Xóvenes Atletas, que preside Antero Docampo. Entre este mes e abril serán cinco as probas, pois tras a de Matamá, este domingo (10:30 horas) o atletismo de campo a través terá varias paradas: Cross de Monterrey (17 de marzo), Coutada Beade (7 de abril), Carrasqueira (21 de abril) e Chans Bembrive (28 de abril). O 12 de maio pecharase a tempada escolar 23/24 co Cros de Bembrive. Xa no seguinte curso académico celebrarase o Cros de Teis Frián (novembro) e o Andrés Abanqueiro (decembro), en Zamáns.
A estimación global de participantes rolda os 2.000 atletas, co Abanqueiro como o de maior cifra de rexistrados nos últimos anos.
No encontro no edificio consistorial con representantes da organización dos crosses escolares, Caballero, que estivo acompañado polo concelleiro, Manel Fernández, felicitou o traballo organizativo. O Concello achega loxística e infraestrutura a cada proba do atletismo de base, recoñecendo tamén aos nenos e nenas vigueses, gañadores de cada carreira, na Gala do Run Run Vigo que cada xaneiro abre a tempada de “runners”.