Vigo herdará a colección de arte de Encarnación Penelas
A artista doará 157 obras de arte, pintura e escultura, a maioría delas propias e outras tantas de amigos do mundo da arte entre as que destacan 8 cadros de Laxeiro. A Xunta de Gobierno tamén aprobou o convenio coa Fundación La Caixa para unha exposición itinerante na rúa Príncipe.

Abel Caballero deu conta da aceptación por parte da Xunta de Goberno da doazón en vida con eficacia post mortem da colección de arte de Encarnación Penelas. Segundo explicou o alcalde, son 157 obras de arte, pintura e escultura, a maior parte da propia artista.
Así, a parte da colección da propia Encarnación Penelas está formada por 103 obras, das cales son 67 esculturas e 26 pinturas. O resto son obras de amigos da artista, das cales destacan 8 pinturas de Laxeiro e obras doutros artistas como Lodeiro, Antonio Quesada, Ana Legido, Pedro Bueno, Limés, Calabuig y Cifuentes, Jorge Castillo, Almudena Fernández Fariña, Lago Rivera, Leopoldo Novoa, Victoria de la Fuente, Carlos Crego, etc.
Abel Caballero explicou que a colección persoal da artista viguesa é interesante tanto polos artistas que a conforman como a súa representación, que ofrece o panorama artístico de toda unha época, os 80 e 90 do século pasado en Vigo.
O alcalde cifrou en 318.500 euros o valor económico da colección.
Exposición en colaboración coa Fundación La Caixa
A Xunta de Goberno tamén aprobou o convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación La Caixa para a instalación da exposición Nanocosmos na rúa Príncipe. Caballero explicou que trátase dunha exposición itinerante, que mostra a través de 50 imaxes realizadas con microscopio un percorrido pola flora e a fauna, permitindo ver detalles que doutra forma serían imperceptibles.